luns, 8 de xuño de 2015

Os animais e a robótica: unha estreita relación

Sabedes que os animais posúen increíbles técnicas de adaptación ao medio natural. Nos ríos, no fondo mariño, en espazos que poden ser tan duros para os humanos como as selvas ou os desertos, hai animais preparados para sobrevivir. Son capaces de mergullarse nas profundidades do mar, arrastrarse pola terra ou escalar paredes verticales sen dificultade. 

Na actualidade están a deseñarse robots que emulan as capacidades dalgúns animais como as arañas, as serpes, os cans, os cavalos, os canguros... ata animais mariños como os tiburóns ou os delfíns!


Trátase de robots que poden transportar moito máis peso do que pesa o seu propio corpo (como as formigas), que poden galopar a gran velocidade (como os cavalos) ou que poden realizar múltiples tarefas nun mesmo momento. 

Hoxe en día os robots incorporan extensións de intelixencia artificial, co cal xa é unha realidade o feito de que un robot sexa capaz de resolver situacións imprevistas ou desconcertantes. Por exemplo: existen robots capaces de readaptarse despois de sofrir unha amputación. Como fan moitos animais na natureza, hai robots que cando perden unha pata (ou outra parte do seu corpo) readáptanse para seguir funcionando e sobrevivir aos imprevistos.  



Ligazóns de interese:

- Youtube.com: "Robots inspired by animals" (vídeo sobre os robots-animal)

Ningún comentario:

Publicar un comentario