venres, 12 de decembro de 2014

As illas do lixo, unha realidade preocupante

Sabedes que son as chamadas illas do lixo?

Imaxinade que estades viaxando en velero, no medio do océano Pacífico. O sol está radiante e decidides tombarvos á proa do barco para mirar o horizonte. Colledes os prismáticos e, lonxe, vedes aves voando en círculo. Como sabedes, iso adoita indicar que hai terra ferma preto. Será unha illa descoñecida? O velero sigue o seu rumbo. Agora xa podedes ver directamente esa "illa" tan singular...

Trátase dunha auténtica "illa" de lixo. O 90% da súa composición son resíduos plásticos que se foron acumulando neste punto concreto. As correntes mariñas conducen o lixo que se bota ao mar e o concentra, tanto na superfície como no fondo mariño. 
                   
                                                  O lixo na superfície e no fondo mariño:


           
                                    
                             






 

Vendo esas imaxes, seguro que pensades: o ecosistema mariño vese moi alterado pola presencia de tantos resíduos e, lóxicamente, a fauna e a flora dos océanos sufrirá o desastre. Pois si, esa é a realidade. Moitas especies padecen os efectos da contaminación e da acumulación de lixo: confunden os anacos de plástico con alimento, embróllanse nas redes, etc. Os científicos detectaron cambios de hábitos en varias especies que viven arredor destas "illas" de lixo.

                                                         Os efectos nas especies mariñas: 

                                                                                                                                                                                                                                  
                                               

Desgraciadamente, esa realidade afecta a todos os océanos do noso planeta. Para que vos fagades unha idea do impacto global que teñen as "illas" do lixo, podedes ver os seguintes documentos:


                                                                                                                Mapa térmico (de calor) do lixo


Hai solucións?

Hai grupos de persoas que traballaron en diversas solucións para ese problema global que representa a acumulación de lixo. Un rapaz de 19 anos pensou que se podía xuntar boa parte do plástico en cun sistema de recollida que aproveita as correntes e os ventos (Ligazón da idea e ver tamén aquí). Outros consideraron que se podía utilizar boa parte do plástico para crear unha gran plataforma flotante como se fora un novo continente (Ligazón da idea).

Cal é a vosa opinión? Que poderíamos facer con tanto plástico? Creamos algo novo? Como o podemos eliminar de forma limpa?

Agardamos a vosa participación!


RECURSOS PARA AMPLIAR COÑECEMENTOS: 

- Páxina web Sostenibilidad; Ligazón aquí

- Revista Muy Interesante; Ligazón aquí

- Vídeo de Indagando TV; Ligazón aquí

martes, 9 de decembro de 2014

Proxecto Natura, primeira sesión

Empezamos cun sobre que incluía un criptograma dentro para cada un, 
Ф¤жФж
¥Θλ¤λж¥þФ
¤ΘжΘΞΘ
¤ Θ ¥ Ħ Θ λ ¤ λ
Ф¤£Θ  Ξ¥ζßЊΘζΘΘжФĦΘλΘĦ¤Θ
Ф£¥ĦФ  ¥Ħ¥ζ¥ж¤Ф


Ф
£
¥
A
B
C
D
E
F
G
H
¤
Ø
ß
þ
Ħ
Ǽ
Θ
I
J
K
L
M
N
Ñ
O
Ξ
Ψ
ζ
λ
ж
Њ
Ђ
Џ
P
Q
R
S
T
U
V
X
Ю
б

Y
Z

Descifrando o criptograma entramos directamente no tema da Ecoloxía, co cal xa descubrimos que é un ecosistema e cales son os seus compoñentes: biotopo e biocenosis.
Na imaxe vimos claramente a diferenza entre os seus compoñentes.



Coa historia que podemos ler máis abaixo tivemos que investigar e coñecer o significado de palabras "raras" para chegar a saber os motivos polos cales enfermou o delfín.

HERCULES POIROT E O ARROAZ QUE NON PODÍA SALTAR

- Por que sona o teléfono a estas horas? - preguntouse Hércules Poirot mentres encendía a luz e collía o teléfono. Eran as 7 da mañá do martes e espertar tan cedo o puña de moi mal humor. 
Chamaba a súa amiga Lúa, a "veterinaria de sardiñas" como ela mesma se facía chamar xa que a súa especialidade eran os animais mariños. 
- Necesítote con urxencia! Ven, Hércules, ven! - e sen saúdar nin ofrecer máis explicacións... colgou!
- Juuuh!!! - Hércules P. púxose aínda de peor humor; Lúa sempre actuaba igual: o chamaba cando o necesitaba e non lle daba explicacións de absolutamente NADA. 
Arruinoulle o seu martes de descanso!
- Mira iso, ven, ven, mira! -Decíalle Lúa case arrastrándoo en dirección á piscina da piscifactoría de Raxó onde tiñan a Ari. 
Are era un arroaz, un delfín mular que vivía na Ría de Pontevedra e era amigo de Lúa, mais sobre todo levábase con Yago, o biólogo da piscifactoría. 
O día anterior atopárono moi enfermo e cun pástico no hocico, un destes que unen as latas de refresco. Levárono a unha piscina da piscifactoría que estaba libre (era época de "marea vermella" e non había mexillóns para depurar) e despois de quitarlle o plástico e examinalo ben, Lúa dixo que estaba moi mal: tiña danos renais e o seu sistema inmunolóxico non funcionaba ben; así que non tiña enerxía para saltar. 
- Isto tiña que ocorrer, o ecosistema da ría está cada vez máis deteriorado con tanta contaminación, os factores abióticos están alterados e o hábitat de Ari e toda a súa especie o nota, sube a temperatura da auga, baixa a poboación de crustáceos e de osteíctios... isto non pode seguir así!
Vaia! ... Canta palabra rara; claro que unha veterinaria e un biólogo entendíanse ben. 
- Isto é un desastre -comentou Yago- ademais de estar enfermo, o venres ven unha excursión de rapaces/zas de Pontevedra a visitar a piscifactoría e Ari sempre aparecía para saltar e divertilos. Este venres non estará!
E non acaban os problemas... nin as sorpresas. Pola noite cando Lúa se achegou a visitar a Ari... Oh! apareceron unhas pintadas moi raras nas paredes. 
- Aquí ocorre algo raro -pensou Lúa-. Vou a chamar a Hércules. 
E así fixo. Hércules deu voltas e máis voltas pola piscina sen deixar de tocarse o bigote e sen deixar de repetir:
- Raro, si! moi raro! Raro, si! moi raro!
De repente parou, fixo varias fotos e, sen máis, marchou. En pouco tempo chegou a casa e alí estaban agardando os seus colaboradores. 
Temos soamente 3 días para resolver este caso. O venres chegan os rapaces/zas de visita e Ari debe estar ben!
Empezaron a traballar xusto cando Hércules lles ensinou as fotos... xunto cuns criptogramas!!!

Tamén vimos como funcionaba o ábaco xaponés: pódese sumar, restar, multiplicar e dividir de xeito sinxelo e rápido. Gozamos moito!!

RECURSOS PARA AMPLIAR COÑECEMENTOS: 

- Colección "Esa Horrible Ciencia", Editorial Molinero, do Grupo RBA: varios títulos publicados, entre outros "Esa Repelente Naturaleza", "Eses asquerosos bichos" ou "Esas Perversas Plantas" teñen relación co tema dos ecosistemas e a vida que se atopa neles.

- Revista Muy Interesante: hai que seleccionar un pouco ou axudar nas lecturas xa que utiliza unha linguaxe semi-especializada que pode dificultar a comprensión dalgúns artigos. Ligazón Aquí

- Revista Quo Naturaleza: trátase dunha revista de divulgación interesante, mais é posible que se precise unha axuda para entender determinados conceptos. Ligazón Aquí

- Portal Educativo das Ciencias Naturais e Aplicadas: é un espazo bastante completo con información sobre diversas temáticas relacionadas coa natureza, a contaminación, a zooloxía, a botánica... Ligazón Aquí

- CONEC, Portal Divulgador de Ciencia e Investigación: portal oficial do Estado español para a divulgación científica e as investigacións en diferentes ámbitos. Ligazón Aquí

xoves, 4 de decembro de 2014

Sobre o blog...

Benvidos e benvidas!

Presentámosvos o blog que compartiremos todas as persoas participantes do Programa Eureka+, tanto o equipo docente como o alumnado. 

A idea do blog consiste en crear un punto de encontro para intercambiar opinións, coñecer novas formas de ver as cousas, debater e crecer xuntos/as. O blog, polo tanto, está pensado para que participedes. Como podedes facelo? De dúas maneiras:

- Enviando o texto ou documento que se queira compartir cos compañeiros/as ao correo electrónico estudoasistido@gmail.com para que o equipo docente poida publicalo no blog. Debe tratarse dun texto elaborado de maneira directa por un mesmo, tipo un artigo de opinión, un relato, unha historia, etc.   

- Publicando a opinión ou a aportación persoal nos espazos dedicados aos comentarios, xusto debaixo das entradas do blog. A opinión debe ser argumentada, respectuosa e debe estar asinada pola persoa que a publica. 

Igualmente, o equipo docente encargarase de dinamizar o blog semanalmente con recomendacións e aportacións temáticas que poidan suscitar o interese do alumnado e que motiven o debate e as opinións. 

Así pois, agardamos as vosas aportacións! Seguro que tendes moito que dicir!