xoves, 4 de decembro de 2014

Sobre o blog...

Benvidos e benvidas!

Presentámosvos o blog que compartiremos todas as persoas participantes do Programa Eureka+, tanto o equipo docente como o alumnado. 

A idea do blog consiste en crear un punto de encontro para intercambiar opinións, coñecer novas formas de ver as cousas, debater e crecer xuntos/as. O blog, polo tanto, está pensado para que participedes. Como podedes facelo? De dúas maneiras:

- Enviando o texto ou documento que se queira compartir cos compañeiros/as ao correo electrónico estudoasistido@gmail.com para que o equipo docente poida publicalo no blog. Debe tratarse dun texto elaborado de maneira directa por un mesmo, tipo un artigo de opinión, un relato, unha historia, etc.   

- Publicando a opinión ou a aportación persoal nos espazos dedicados aos comentarios, xusto debaixo das entradas do blog. A opinión debe ser argumentada, respectuosa e debe estar asinada pola persoa que a publica. 

Igualmente, o equipo docente encargarase de dinamizar o blog semanalmente con recomendacións e aportacións temáticas que poidan suscitar o interese do alumnado e que motiven o debate e as opinións. 

Así pois, agardamos as vosas aportacións! Seguro que tendes moito que dicir!

1 comentario: