Sabedes que son as chamadas illas do lixo?
Imaxinade que estades viaxando en velero, no medio do océano Pacífico. O sol está radiante e decidides tombarvos á proa do barco para mirar o horizonte. Colledes os prismáticos e, lonxe, vedes aves voando en círculo. Como sabedes, iso adoita indicar que hai terra ferma preto. Será unha illa descoñecida? O velero sigue o seu rumbo. Agora xa podedes ver directamente esa "illa" tan singular...
Trátase dunha auténtica "illa" de lixo. O 90% da súa composición son resíduos plásticos que se foron acumulando neste punto concreto. As correntes mariñas conducen o lixo que se bota ao mar e o concentra, tanto na superfície como no fondo mariño.
O lixo na superfície e no fondo mariño:
Vendo esas imaxes, seguro que pensades: o ecosistema mariño vese moi alterado pola presencia de tantos resíduos e, lóxicamente, a fauna e a flora dos océanos sufrirá o desastre. Pois si, esa é a realidade. Moitas especies padecen os efectos da contaminación e da acumulación de lixo: confunden os anacos de plástico con alimento, embróllanse nas redes, etc. Os científicos detectaron cambios de hábitos en varias especies que viven arredor destas "illas" de lixo.
Os efectos nas especies mariñas:
Os efectos nas especies mariñas:
Desgraciadamente, esa realidade afecta a todos os océanos do noso planeta. Para que vos fagades unha idea do impacto global que teñen as "illas" do lixo, podedes ver os seguintes documentos:
Mapa térmico (de calor) do lixo
Hai solucións?
Cal é a vosa opinión? Que poderíamos facer con tanto plástico? Creamos algo novo? Como o podemos eliminar de forma limpa?
Agardamos a vosa participación!
RECURSOS PARA AMPLIAR COÑECEMENTOS:
- Páxina web Sostenibilidad; Ligazón aquí
- Revista Muy Interesante; Ligazón aquí
- Vídeo de Indagando TV; Ligazón aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario