Empezamos cun sobre que incluía un criptograma dentro para cada un,
◘Ф═¤жФж
¥╔Θλ¤λж¥þФ
═¤ΘжΘΞΘ
═ ¤ Θ ╔ ¥ Ħ Θ λ ¤ λ
Ф╔¤£Θ Ξ¥ζ∂ßЊΘζΘΘ╔жФĦΘλ∂ΘĦ¤╔Θ
╔Ф£¥ĦФ ¥Ħ¥ζ∑¥ж¤╔Ф
Ф
|
═
|
╔
|
£
|
¥
|
∂
|
∑
|
◘
|
A
|
B
|
C
|
D
|
E
|
F
|
G
|
H
|
¤
|
¶
|
Ø
|
ß
|
þ
|
Ħ
|
Ǽ
|
Θ
|
I
|
J
|
K
|
L
|
M
|
N
|
Ñ
|
O
|
Ξ
|
Ψ
|
ζ
|
λ
|
ж
|
Њ
|
Ђ
|
Џ
|
P
|
Q
|
R
|
S
|
T
|
U
|
V
|
X
|
Ю
|
б
|
|
Y
|
Z
|
Descifrando o criptograma entramos directamente no tema da Ecoloxía, co cal xa descubrimos que é un ecosistema e cales son os seus compoñentes: biotopo e biocenosis.
Na imaxe vimos claramente a diferenza entre os seus compoñentes.
Coa historia que podemos ler máis abaixo tivemos que investigar e coñecer o significado de palabras "raras" para chegar a saber os motivos polos cales enfermou o delfín.
HERCULES POIROT E O ARROAZ QUE NON PODÍA SALTAR
- Por que sona o teléfono a estas horas? - preguntouse Hércules Poirot mentres encendía a luz e collía o teléfono. Eran as 7 da mañá do martes e espertar tan cedo o puña de moi mal humor.
Chamaba a súa amiga Lúa, a "veterinaria de sardiñas" como ela mesma se facía chamar xa que a súa especialidade eran os animais mariños.
- Necesítote con urxencia! Ven, Hércules, ven! - e sen saúdar nin ofrecer máis explicacións... colgou!
- Juuuh!!! - Hércules P. púxose aínda de peor humor; Lúa sempre actuaba igual: o chamaba cando o necesitaba e non lle daba explicacións de absolutamente NADA.
Arruinoulle o seu martes de descanso!
- Mira iso, ven, ven, mira! -Decíalle Lúa case arrastrándoo en dirección á piscina da piscifactoría de Raxó onde tiñan a Ari.
Are era un arroaz, un delfín mular que vivía na Ría de Pontevedra e era amigo de Lúa, mais sobre todo levábase con Yago, o biólogo da piscifactoría.
O día anterior atopárono moi enfermo e cun pástico no hocico, un destes que unen as latas de refresco. Levárono a unha piscina da piscifactoría que estaba libre (era época de "marea vermella" e non había mexillóns para depurar) e despois de quitarlle o plástico e examinalo ben, Lúa dixo que estaba moi mal: tiña danos renais e o seu sistema inmunolóxico non funcionaba ben; así que non tiña enerxía para saltar.
- Isto tiña que ocorrer, o ecosistema da ría está cada vez máis deteriorado con tanta contaminación, os factores abióticos están alterados e o hábitat de Ari e toda a súa especie o nota, sube a temperatura da auga, baixa a poboación de crustáceos e de osteíctios... isto non pode seguir así!
Vaia! ... Canta palabra rara; claro que unha veterinaria e un biólogo entendíanse ben.
- Isto é un desastre -comentou Yago- ademais de estar enfermo, o venres ven unha excursión de rapaces/zas de Pontevedra a visitar a piscifactoría e Ari sempre aparecía para saltar e divertilos. Este venres non estará!
E non acaban os problemas... nin as sorpresas. Pola noite cando Lúa se achegou a visitar a Ari... Oh! apareceron unhas pintadas moi raras nas paredes.
- Aquí ocorre algo raro -pensou Lúa-. Vou a chamar a Hércules.
E así fixo. Hércules deu voltas e máis voltas pola piscina sen deixar de tocarse o bigote e sen deixar de repetir:
- Raro, si! moi raro! Raro, si! moi raro!
De repente parou, fixo varias fotos e, sen máis, marchou. En pouco tempo chegou a casa e alí estaban agardando os seus colaboradores.
Temos soamente 3 días para resolver este caso. O venres chegan os rapaces/zas de visita e Ari debe estar ben!
Empezaron a traballar xusto cando Hércules lles ensinou as fotos... xunto cuns criptogramas!!!
Tamén vimos como funcionaba o ábaco xaponés: pódese sumar, restar, multiplicar e dividir de xeito sinxelo e rápido. Gozamos moito!!
RECURSOS PARA AMPLIAR COÑECEMENTOS:
-
Colección "Esa Horrible Ciencia", Editorial Molinero, do Grupo RBA: varios títulos publicados, entre outros "Esa Repelente Naturaleza", "Eses asquerosos bichos" ou "Esas Perversas Plantas" teñen relación co tema dos ecosistemas e a vida que se atopa neles.
-
Revista Muy Interesante: hai que seleccionar un pouco ou axudar nas lecturas xa que utiliza unha linguaxe semi-especializada que pode dificultar a comprensión dalgúns artigos.
Ligazón Aquí
-
Revista Quo Naturaleza: trátase dunha revista de divulgación interesante, mais é posible que se precise unha axuda para entender determinados conceptos.
Ligazón Aquí
-
Portal Educativo das Ciencias Naturais e Aplicadas: é un espazo bastante completo con información sobre diversas temáticas relacionadas coa natureza, a contaminación, a zooloxía, a botánica...
Ligazón Aquí
-
CONEC, Portal Divulgador de Ciencia e Investigación: portal oficial do Estado español para a divulgación científica e as investigacións en diferentes ámbitos.
Ligazón Aquí