Falamos sobre a evolución das especies e vimos conceptos como a selección natural, a especiación, a adaptación, os procesos de extinción e a importancia da xenética e das mutacións. Ademais, tratamos de coñecer as diferencias entre as ideas de Darwin (un dos pais da ciencia moderna da evolución) e Lamarck, e achegámonos á relevancia da xenética (o libriño que temos dentro todos e que condiciona o noso cor do pelo, estatura, etc).
Co obxectivo de completar o que aprendimos na clase, podedes consultar as seguintes páxinas web e documentos:
- www.batanga.com é unha páxina moi variada que ten algúns artigos interesantes. Aquí podedes ver unha explicación sinxela sobre a evolución das especies.
- "Darwin, la evolución de la teoría" é un cómic para as e os máis pequenos dedicado ás aventuras de Darwin nas viaxes que lle permitiron publicar o famoso libro naturalista "A orixe das especies".
- A páxina www.lainformación.com ten unha sección moi interesante dedicada á educación. Cómo entender el modelo de Mendel é unha entrada que ofrece uns contidos sinxelos e claros sobre unha temática que pode ser un pouco complicada. A xenética faise máis accesible!
Herdanza xenética dominante
Ningún comentario:
Publicar un comentario