A primeira sesión do bloque dedicado aos humanos aprendimos que as persoas "somos bioloxía e cultura mesturada". Por un lado somos un corpo con órganos, fluxos e tecidos con funcións vitais, "de carne e osos", como comentou un compañeiro. E por outra parte somos tamén sentimentos, pensamentos, imaxinación... é dicir, somos cultura.
Falamos sobre a evolución das especies e vimos conceptos como a selección natural, a especiación, a adaptación, os procesos de extinción e a importancia da xenética e das mutacións. Ademais, tratamos de coñecer as diferencias entre as ideas de Darwin (un dos pais da ciencia moderna da evolución) e Lamarck, e achegámonos á relevancia da xenética (o libriño que temos dentro todos e que condiciona o noso cor do pelo, estatura, etc).
Co obxectivo de completar o que aprendimos na clase, podedes consultar as seguintes páxinas web e documentos:
-
"Darwin, la evolución de la teoría" é un cómic para as e os máis pequenos dedicado ás aventuras de Darwin nas viaxes que lle permitiron publicar o famoso libro naturalista "A orixe das especies".
- A páxina www.lainformación.com ten unha sección moi interesante dedicada á educación.
Cómo entender el modelo de Mendel é unha entrada que ofrece uns contidos sinxelos e claros sobre unha temática que pode ser un pouco complicada. A xenética faise máis accesible!
Herdanza xenética dominante