Docente: Isabel Cabrera Tilve
Empezamos a clase coa presentación dalgúns conceptos e ideas xerais sobre a cartografía...
Onde hai mapas nas nosas vidas? Sabemos diferenciar entre un mapa e un plano?
Tamén coñecimos o visor cartográfico da Xunta de Galicia (mapa.xunta.es) e falamos sobre as proxeccións cartográficas, os problemas que presenta e as solucións que se poden atopar.
Tentamos familiarizarnos cos medinos e paralelos co obxectivo de entender o sistema de coordenadas UTM, que é o máis utilizado nos mapas que utilizamos.
E despois... Pasamos á práctica!
Información para a práctica:
1. Elaboración dun plano da praza de Barcelos
2. Formación de dous grupos: o azul e o vermello
3. Colocación das balizas de cada grupo e creación dos planos
4. Intercambio de planos entre os grupos para atopar a baliza do equipo contrario
Desenvolvemento da práctica: Mentras un equipo coloca a súa baliza na praza e toma os datos, o outro visita a páxina de información xeográfica de Galicia da Xunta para empezar a elaborar o seu plano en base á fotografia aérea da praza Barcelos. E despois ao revés.
Os planos teñen que ter un título, unha cuadrícula de referencia, un norte definido cun compás, unha lenda da simboloxía empregada (cun código de valores común) e unha escala aproximada e unha data.
Cando está todo preparado, os grupos intercámbianse os planos e saen a buscar as balizas. Seguindo as pautas os dous equipos atopan correctamente as balizas.